LISTADO DE RESERVAS: Publicado no apartado DOCUMENTOS dentro da Área Privada.
TELÉFONOS DE CONTACTO: Na información específica de cada campamento (na páxina principal da web) xa están publicados os teléfonos de contactos das persoas coordinadoras.
DEVOLUCIÓNS E ANULACIÓNS:
Debe achegar xunto coa solicitude unha certificación de conta bancaria e unha copia do DNI e o xustificante de pago.
Na solicitude debe explicar o motivo polo que solicita a devolución / anulación.
Se quere solicitar unha devolución exclusivamente por pago indebido (duplicados ou importe superrior) debe facer o trámite indicado no seguinte enlace SOLICITUDE DEVOLUCIÓN INGRESOS INDEBIDOS
Se quere anular e solicitar a devolución do importe pagado, debe facer o trámite indicado no seguinte enlace SEDE ELECTRÓNICA CONCELLO DE VIGO
O Concello de Vigo, a través do seu programa VERÁN XOVE 2026, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.
As actividades van dirixidas aos nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2022 da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.
Campamentos Urbanos
