- O campamento de COIA pasa a celebrarse na Oficina Municipal de Distrito de Bouzas sita na Rúa Eduardo Cabello, 41 (BOUZAS).
- O campamento de SAMIL pasa a celebrarse na Casa parroquial de San Paio de Navia (NAVIA VELLO).
- O campamento de TRAVESAS pasa a celebrarse no Pavillón de Balaídos (ESTADIO DE BALAÍDOS).
Sentímolo polas molestias que poida ocasionar.
Se dexexa anular e solicitar a devolución do importe pagado, o procedemento establecido é o seguinte:
Pode presentar a solicitude presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou a través da Sede Electrónica.
Debe achegar xunto coa solicitude unha certificación de conta bancaria e unha copia do DNI e o xustificante de pago.
Na solicitude debe explicar o motivo polo que solicita a anulación (exemplo: cambio das condicións do campamento).
Enlace: SEDE ELECTRÓNICA CONCELLO DE VIGO
Enlace: IMPRESO SOLICITUDE
O LISTADO DE RESERVAS ESTÁ PUBLICADO NO APARTADO DOCUMENTOS NA ÁREA PRIVADA.
*só se procesan reservas no caso de que algún participante cause baixa.
O Concello de Vigo, a través do seu programa VERÁN XOVE 2025, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.
As actividades van dirixidas aos nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2021 da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.
Campamentos Urbanos